Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Seguimento «masivo» da folga na banca para esixir melloras salariais

    Este venres ten lugar unha nova xornada de folga do sector bancario, de novo cun seguimento «masivo», que rolda o 76 % no ámbito estatal. Tras a histórica xornada de folga conxunta do pasado 26 de febreiro en todo o sector financeiro, logrouse un acordo no sector do aforro, pero a patronal da banca mantense na mesma postura inmobilista, denuncia CCOO.

    22/03/2024.
    Folga no sector da banca (22/3/2024)

    Folga no sector da banca (22/3/2024)

    CCOO insta as cúpulas directivas do sector —que bateu todas as súas marcas de beneficios— a reverteren os seus aumentos de soldos e reparticións de dividendos para, con iso, incrementaren de maneira xusta os salarios do persoal. Neste sentido, o sindicato lembra que o beneficio xerado por cada persoa traballadora no sector financeiro en España pasou de 86 045 a 155 172 euros en só dous anos.

    Comisións reclama reducir a carga laboral e a presión comercial, así como dotar os centros de traballo do persoal axeitado para dar un servizo de calidade.

    Concentracións en Galicia (de 11 a 12 horas)

    — A Coruña: oficina do BBVA (Cantón Pequeno, 18)

    — Lugo: oficina do Banco Santander (rúa de San Marcos, 3)

    — Ourense: oficina do BBVA (rúa do Paseo, 18)

    — Vigo: oficina do Banco Santander (rúa de Policarpo Sanz, 44)