Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

CCOO defenderá o mantemento do emprego nunha posible fusión BBVA-Sabadell

    A Federación de Servizos de CCOO defenderá o mantemento de todos os postos de traballo nunha posible fusión entre as entidades BBVA e Banco Sabadell, que suman unhas mil empregadas e empregados en Galicia.

    02/05/2024.
    En primeiro termo, Jorge Villarino, responsable do sector Financeiro de CCOO-Servizos

    En primeiro termo, Jorge Villarino, responsable do sector Financeiro de CCOO-Servizos

    O responsable do sector Financeiro de CCOO-Servizos, Jorge Villarino, coida que esta hipotética fusión é diferente doutras dos últimos quince anos, vinculadas á crise económica do 2008 ou ao impacto da pandemia.

    «Estamos a falar dunha operación que se presenta cunha prima de adquisición. Aquí non se trata da adquisición dunha entidade por un euro, como pasou no pasado, senón dunha prima sobre o valor da acción dun 30 % que está a ofrecer a entidade que adquire», salienta o sindicalista.

    Se seguir adiante este proceso, CCOO vixiará «moi de preto» para que a unión entre as entidades non sexa traumática en termos de emprego. «Para iso está Comisións Obreiras, sindicato maioritario no Sabadell e cunha posición moi relevante no BBVA».

    Desde CCOO-Servizos tamén se subliña a necesidade de dar unha «saída xusta» á negociación do convenio colectivo, «acorde cos excelentes resultados do sector», que será a base sobre a que se teña que producir a homologación de condicións de traballo tras unha posible fusión.