Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Xullo 2024.

Novas mobilizacións para esixir melloras laborais na Axencia Tributaria

    CCOO e outras organizacións convocaron este mércores novas mobilizacións en toda España para esixir melloras laborais e salariais na Axencia Tributaria (AEAT). Para este obxectivo, o sindicato chamou a protestar diante das delegacións especiais da AEAT en todas as comunidades autónomas. En Galicia, a concentración foi na sede da Coruña.

    19/06/2024.
    O persoal da Axencia Tributaria reclama melloras laborais

    O persoal da Axencia Tributaria reclama melloras laborais

    CCOO denuncia que a dirección da AEAT leva máis de 17 anos sen activar o acordo de carreira profesional do persoal funcionario nin aprobar un novo convenio colectivo para o persoal laboral. Así mesmo, as condicións laborais deterioráronse ata o punto de prexudicar a prestación dun servizo público fundamental.

    Ademais destas cuestións, CCOO reivindica a negociación de aspectos como o teletraballo, bolsas de produtividade, novo modelo de formación ou a declaración de profesión de risco para o persoal de Vixilancia Aduaneira, entre outras.