Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

Bonos dixitais para colectivos vulnerables

    Está dispoñible un novo número da publicación CCOO Informa. Nesta ocasión infórmase sobre os bonos dixitais para colectivos vulnerables.

    04/07/2024.
    Equipo configurado para a conexión a internet

    Equipo configurado para a conexión a internet

    En que consisten os bonos?

    Nunha axuda mensual de ata 20 euros durante un período de ata 12 meses, e como máximo de 240 euros, para a contratación de novos servizos de conexión a banda larga ou o incremento da velocidade dos xa contratados desde unha localización fixa.

    Quen pode beneficiarse?

    As persoas que xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España ou calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se encontre en situación ou risco de exclusión social (segundo a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia) que estean empadroadas e teñan residencia constatada polos servizos sociais comunitarios básicos en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Só se poderá conceder un bono dixital por persoa física e por unidade familiar.

    Cómo se determina o nivel de renda? 

    Con carácter xeral sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da declaración do imposto da renda das persoas físicas do último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención.

    Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles obteranse aplicando aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

    Presentación de solicitudes e prazo

    O prazo para presentar as solicitudes dos bonos dixitais comezará o 30 de xuño e rematará o 30 de setembro de 2024.

    As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Máis información

    Pódese obter máis información sobre as características e requisitos desta axuda na publicación que se xunta a esta nota informativa, así como no correspondente número do Diario Oficial de Galicia.