Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Decembro 2024.

CCOO-Hábitat asinou tres calendarios laborais na provincia de Lugo

    CCOO-Hábitat informa do asinamento de tres calendarios laborais da provincia de Lugo para o ano 2025. Trátase dos correspondentes aos sectores da edificación e obra pública, materiais e prefabricados e primeira transformación da madeira.

    27/11/2024.
    Calendarios laborais do ano 2025

    Calendarios laborais do ano 2025

    No caso do sector da edificación e obra pública, haberá doce festivos de convenio: o 2 e o 3 de xaneiro; o 3 de marzo; o 14, 15 e 16 de abril; o 2 de maio; o 28 de xullo; o 18 de agosto; e o 24, 26 e 31 de decembro. No sector de materiais e prefabricados, as mesmas doce datas.

    Finalmente, o convenio da primeira transformación da madeira terá dez festivos propios: o 2 e o 3 de xaneiro; o 3 de marzo; o 14, 15 e 16 de abril; o 2 de maio; e o 24, 26 e 31 de decembro.