Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Febreiro 2025.

II Xornada Técnica de Acción Sindical e de Mulleres

    A sede nacional de CCOO, en Santiago, acolleu o luns a II Xornada Técnica de Acción Sindical e de Mulleres, centrada nesta ocasión na negociación dos plans de igualdade e de medidas LGTBI+.

    04/02/2025.
    II Xornada Técnica de Acción Sindical e Mulleres de CCOO

    II Xornada Técnica de Acción Sindical e Mulleres de CCOO

    A sesión estivo dirixida polo secretario de Acción Sindical e Saúde Laboral, Armando Iglesias, coa participación da técnica Rebeca Pérez, do Gabinete de Igualdade de CCOO.

    O obxectivo deste tipo de accións é fortalecer a capacidade de negociación sindical en materia de igualdade e dereitos LGTBI+, asegurando a participación activa de CCOO nos procesos de negociación e seguimento dos plans de igualdade en Galicia.