Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2025.

A secretaria xeral de CCOO participou en Vigo na presentación do informe Ardán sobre empresas intelixentes

    A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, participou este martes nunha mesa de debate organizada polo Consorcio Zona Franca de Vigo, no marco da presentación do Ranking Ardán de Empresas Inteligentes de Galicia 2024.

    08/04/2025.
    Amelia Pérez (segunda pola dereita) participou na presentación desta nova edición do informe

    Amelia Pérez (segunda pola dereita) participou na presentación desta nova edición do informe

    A clasificación é unha publicación de referencia que analiza as compañías galegas que destacan pola súa capacidade de crear valor de maneira sostible e inclusiva.

    Amelia Pérez formou parte dunha mesa de debate na que se abordaron as claves para un novo modelo empresarial baseado na innovación, a sustentabilidade, o compromiso social e a cooperación cos distintos grupos de interese (stakeholders). A sesión foi moderada polo profesor Xosé H. Vázquez, coautor do estudo e catedrático da Universidade de Vigo.

    O informe, elaborado polo Servizo de Estudos Económicos do Consorcio e a Cátedra Ardán da Universidade de Vigo, analiza máis de 1200 empresas e destaca aquelas que, amais dunha alta produtividade, demostran boas prácticas en áreas como I+D+i, igualdade de xénero, capital humano, cooperación e responsabilidade ambiental.