Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Maio 2025.

Prevención de riscos laborais: cursos de formación gratuítos subvencionados (2025)

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia oferta diversas accións formativas, entre cursos, seminarios e xornadas. Son gratuítas e contan co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

    15/04/2025.
    Accións formativas gratuítas subvencionadas

    Accións formativas gratuítas subvencionadas

    Para inscribirse, cómpre cubrir o formulario correspondente a cada acción formativa. Posteriormente, e conforme a orde de inscrición, contactarase coas persoas interesadas para confirmarlles se dispoñen de praza.

    Hai dispoñibles dúas modalidades:

    1. Presencial. Será necesario acudir nos días e horas indicados para superar a formación.

    2. Teleformación. Os cursos terán unha data de inicio e de remate. Cada persoa poderase conectar o día e hora que queira á plataforma, sempre ata que remate o curso, para completar os distintos módulos.

    A formación sindical vinculada á prevención de riscos laborais (PRL) réxese pola Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2025 (códigos de procedemento TR852A e TR852B).


    A seguir, indícanse os cursos que a día de hoxe aceptan inscricións:

    DENOMINACIÓN MODALIDADE LOCALIDADE HORAS DATAS
    Curso básico de PRL Presencial A Coruña 50

    - Abril: 25, 29 e 30

    - Maio: 26, 27 e 28

    - Xuño: 16 e 17

    - Setembro: 24 e 25

    Mulleres, traballo e saúde Presencial A Coruña 30

    - Abril: 23 e 24

    - Maio: 21 e 22

    - Xuño: 25 e 26

    Prevención de incendios, emerxencias e prestación de primeiros auxilios Teleformación 70

    Do 5 de maio ao 20 de xuño

    Básico PRL Teleformación 50

    Do 26 de maio ao 27 de xuño

    Mulleres, traballo e saúde Teleformación 50

    Do 26 de maio ao 27 de xuño

    Risco químico. Xestión e prevención Teleformación 50

    Do 26 de maio ao 27 de xuño

    Afectación do medio ambiente na saúde laboral Teleformación 50

    Do 10 de setembro ao 14 de outubro

    Teletraballo e PRL Teleformación 50

    Do 11 de setembro ao 15 de outubro

    Prevención de incendios, emerxencias e prestación de primeiros auxilios Teleformación 70

    Do 8 de setembro ao 24 de outubro

    Riscos psicosociais Teleformación 30

    Do 29 de setembro ao 17 de outubro 

    Acción protectora ante os danos laborais Presencial Arousa 15

    Maio: 30

    Xuño: 2

    Acción protectora ante os danos laborais Presencial Lugo 15

    Maio: 29, 30

    Xuño: 4

    Acción protectora ante os danos laborais Presencial A Coruña 15

    Xuño: 18, 19, 20

    Básico PRL sector servizos Presencial A Coruña 50

    Abril: 21, 22

    Maio: 19, 20

    Xuño: 23, 24

    Setembro: 22, 23

    Outubro: 20, 21

    Riscos ergonómicos Presencial Arousa 30

    Setembro: 24

    Outubro: 22, 23

    Novembro: 18, 19

    Riscos ergonómicos Presencial A Coruña 30

    Setembro: 15, 16, 17

    Outubro: 13, 14, 15

    Riscos psicosociais Presencial A Coruña 30

    Abril: 28

    Maio: 8, 9

    Xuño: 5, 6 ,9

    Riscos psicosociais Presencial Arousa 30

    Setembro: 22

    Outubro: 6, 31

    Novembro: 10, 24

    Riscos psicosociais Presencial Lugo 30

    Setembro: 15, 16, 17

    Outubro: 13, 14, 15