Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 14 Xuño 2025.

17 de maio: Día Internacional contra a LGTBI+fobia

    Este día é unha cita ineludible para todas as persoas que loitan por un mundo libre de violencias, por iso, é unha cita ineludible das CCOO.

    15/05/2025.
    17 de maio, Día Internacional contra a LGTBI+fobia

    17 de maio, Día Internacional contra a LGTBI+fobia

    É, máis que nunca, un día extremadamente necesario, porque representa o avance na aceptación da diversidade e a inclusión, cara a creación dunha sociedade libre de desigualdades, discriminacións e violencias e, sobre todo, cara a unha protección e defensa efectiva dos dereitos humanos, entre os cales destacan a integridade física e mental da persoa, así como o respecto á súa intimidade, fronte o auxe do discurso de odio da ultradereita e os consecuentes pasos atrás en cuestión de dereitos humanos fundamentais.

    Facémolo, todos os días do ano, desde o ámbito que nos corresponde, a negociación colectiva, apoiando e promovendo traballos libres de prexuízos; empresas onde, grazas á nosa presenza, se abren espazos antidiscriminatorios, espazos seguros para ser.

    Especialmente, facémolo este 17 de maio alzando a voz para unirnos ás demandas en prol dos mesmos dereitos e oportunidades para as persoas LGTBI+, sobre todo no espazo público e no laboral, e contra calquera conducta LGTBI+fóbica lanzada contras as persoas dos colectivos no seo do traballo.

    Reivindicamos o afianzamento, en igualdade de condicións,dos dereitos de todas as persoas traballadoras!

    #organizaoteuorgullo