Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Xuño 2025.

O comité de Teleperformance rexeita o ERE anunciado pola empresa

    O comité de empresa de Teleperformance na Coruña, integrado por CCOO, CIG, UGT e CGT, rexeita a intención da compañía de iniciar un expediente de regulación de emprego (ERE) por causas económicas e organizativas. A deción adóptase tras o remate das campañas de Vodafone e Verisure.

    26/05/2025.
    Folga e mobilización do persoal de Teleperformance na Coruña (29/4/2024)

    Folga e mobilización do persoal de Teleperformance na Coruña (29/4/2024)

    Segundo a información recibida polos representantes sindicais, o procedemento afectaría persoal de varios centros do Estado: A Coruña, Madrid, Ponferrada, Xaén, Sevilla e Barcelona. No caso galego, hai actualmente 35 traballadores e traballadoras asignadas á campaña de Vodafone, mentres que a de Verisure estaría vinculada ao centro de Barcelona.

    A empresa comunicou a apertura do procedemento o pasado 23 de maio, a partir do cal dispón dun prazo de sete días para convocar aos sindicatos e constituír a mesa negociadora. Unha vez formada, abrirase un período máximo de trinta días para analizar a legalidade e a xustificación do ERE.