Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 15 Xuño 2025.

Primeira reunión da Comisión Executiva Nacional electa no 13.º Congreso

    O luns, 2 de xuño, tivo lugar a primeira reunión da nova Comisión Executiva Nacional de CCOO, electa no 13.º Congreso. Nesta xuntanza procedeuse á distribución das diferentes responsabilidades.

    03/06/2025.
    Primeira reunión da nova Comisión Executiva Nacional de CCOO

    Primeira reunión da nova Comisión Executiva Nacional de CCOO

    Como xa se sinalou no propio Congreso, entre os principais retos da nova etapa están a redución da xornada laboral a un máximo de 37,5 horas semanais, a loita contra a elevada sinistralidade laboral en Galicia e o avance na regulación da contratación a tempo parcial, especialmente a parcialidade indesexada que afecta maioritariamente as mulleres.

    Tamén, a necesidade de reforzar o sistema sanitario público, mellorar as condicións de vida da clase traballadora e consolidar un diálogo social efectivo ligado á concertación, que inclúa ámbitos como a política social e a dependencia.

    As responsabilidades na nova Comisión Executiva Nacional quedan do seguinte xeito:

    Amelia Pérez Álvarez: Secretaría Xeral;

    Yolanda Martínez Quintián: Secretaría de Finanzas:

    Armando Iglesias Rodríguez: Secretaría de Negociación Colectiva, Saúde Laboral e Transicións;

    Xesús Castro Baamonde: Secretaría de Memoria Democrática e presidencia da Fundación 10 de Marzo;

    Maica Bouza Seoane: Secretaría de Organización e Políticas Públicas;

    Antonio Millares Jorge: Secretaría de Comunicación:

    Leila Piñeiro Otero: Secretaría de Asesorías Xurídicas;

    María José García Barcia: Secretaría de Mulleres, Políticas de Igualdade e LGTBIQA+, e Política Social;

    Carlos Pérez Fernández: Secretaría de Internacional;

    Óscar Cebeiro González: Secretaría de Formación Sindical.