Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 15 Xuño 2025.

Cursos de formación sindical (2025)

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia oferta diversas accións formativas, entre cursos, seminarios e xornadas. Son gratuítas e contan co financiamento da Xunta de Galicia.

    09/06/2025.
    Accións formativas gratuítas subvencionadas

    Accións formativas gratuítas subvencionadas

    CCOO oferta un amplo abano de accións formativas. Son gratuítas e contan co financiamento da Xunta de Galicia.

    Para inscribirse, cómpre cubrir o formulario correspondente a cada acción formativa. Posteriormente, e conforme a orde de inscrición, contactarase coas persoas interesadas para confirmarlles se dispoñen de praza.

    A seguir, indícanse os cursos que a día de hoxe aceptan inscricións:

    DENOMINACIÓN MODALIDADE LOCALIDADE N.º HORAS DATAS
    Salario e contratación e nova normativa laboral que afecta ao convenio colectivo Teleformación 100 Do 20 de xuño ao 30 de setembro do 2025
    Valoración de posto de traballo e auditoria retributiva  Teleformación 50 Do 23 de xuño ao 16 de setembro do 2025
    Protocolo acoso no ámbito laboral Teleformación 70 Do 26 de xuño ao 29 de setembro do 2025
    O sistema da Seguridade Social Teleformación 70 Do 30 de xuño ao 1 de outubro do 2025
    Plans de igualdade Teleformación 25 Do 4 de setembro ao 27 de outubro do 2025
    Escritos en lectura fácil para a actividade sindical: transmitir a mensaxe Teleformación 20 Do 9 de setembro ao 29 de outubro do 2025
    Formación de formadores sindicais Teleformación 20 Do 16 de setembro ao 28 de outubro do 2025
    Os contratos de traballo. A relación laboral Teleformación 15 Do 23 de setembro ao 30 de outubro do 2025
    Análise e interpretación dun convenio colectivo Teleformación 15 Do 2 de outubro ao 31 de outubro do 2025
    Curso práctico do procedemento administrativo sindical Teleformación 16 Do 3 de outubro ao 31 de outubro do 2025