Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Xullo 2025.

CCOO-Informa: Xubilación anticipada en actividades penosas, tóxicas, perigosas ou insalubres

    O novo número de CCOO-Informa aborda os supostos nos que se pode aplicar un coeficiente redutor da idade de xubilación a traballadoras e traballadores que desenvolven actividades de natureza especialmente penosa, tóxica, perigosa ou insalubre.

    26/06/2025.
    Novo número da publicación CCOO Informa

    Novo número da publicación CCOO Informa

    O documento explica o procedemento regulado polo Real Decreto 402/2025, que establece medidas de saúde laboral co obxectivo prioritario de mellorar as condicións de traballo ou buscar actividades alternativas. Cando isto non é viable, permítese o acceso á xubilación anticipada con coeficiente redutor.

    Entre os principais puntos tratados en CCOO-Informa destacan os requisitos necesarios para acceder a este dereito: ter un mínimo tempo traballado en condicións penosas, non poder xubilarse antes dos 52 anos e non poder compatibilizar a xubilación coa mesma actividade que deu lugar á redución. Ademais, a aplicación do coeficiente implica unha cotización adicional compartida entre empresa e traballador/a.

    O procedemento só pode ser iniciado por organizacións sindicais, empresariais ou administracións públicas representativas, e require dunha análise estatística, informes técnicos e a aprobación final pola Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social.

    Para máis información, pode consultarse o documento anexo.