Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 11 Agosto 2025.

CCOO manifesta as súas "condolencias e solidariedade" coa familia da traballadora do servizo de axuda no fogar falecida no Porriño.

    O sindicato envía unha mensaxe de ánimo as traballadoras do SAF, que é o sector máis precarizado de cantos temos en Galicia, e faille chegar palabras de recoñecemento polo seu traballo esencial, o cal, moitas veces, non está suficientemente recoñecido nin valorado, tanto pola cidadanía como polos xestores deste servizo.

    29/07/2025.
    CCOO manifesta as súas "condolencias e solidariedade" coa traballadora falecida.

    CCOO manifesta as súas "condolencias e solidariedade" coa traballadora falecida.

    Desde CCOO expresamos a nosa máis firme condena ante a brutal  agresión que le custou a vida a unha traballadora do Servizo de Axuda no Fogar no concello de O Porriño, no transcurso das súas funcións profesionais.Transmitimos o noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e compañeiras de traballo.

    A súa perda deixa unha ferida irreparable nun sector xa de por si profundamente precarizado e invisibilizado. ccoo leva anos denunciando a ausencia de medidas preventivas reais e efectivas no SAF Todas traballadoras prestan servizos en domicilios sen avaliacións de risco e sen formación adecuada e sen protocolos de actuación en situacións de emerxencia ou violencia. Este abandono institucional deixa ás profesionais completamente expostas. 

    Desde hai anos, CCOO esixe que os servizos máis sensibles se presten por dúas auxiliares, especialmente en domicilios onde existan antecedentes de risco, mobilizacións complexas ou situacións de vulnerabilidade. O Gabinete de Saúde Laboral de CCOO leva mais de unha década tendo que aportarlle ás Empresas Protocolos Específicos en varias materias, especialmente o Protocolo contra as Agresións debido a carencia de medidas preventivas por parte das Empresas nin dos Concellos.

    Así pois, reclamámoslle con urxencia un cambio lexislativo que poña fin ao limbo legal dos domicilios, espazos onde demasiadas veces todos os dereitos laborais, de prevención ou inspección, quedan na porta. Os fogares non poden seguir sendo espazos sen control, onde se invisibiliza a realidade das traballadoras e se desentenden as administracións.

    Esiximos unha investigación exhaustiva que esclareza os feitos, depure responsabilidades e permita adoptar medidas urxentes para que algo así non volva ocorrer. Ase mesmo, esixímoslle a Xunta de Galicia que priorice a integridade da saúde das auxiliares cando se lle solicita a suspensión de algún servizo  ou medidas alternativas, ante risco inminente para as traballadoras.

    CCOO poñerá os servizos xurídicos a disposición da familia e actuará con toda a contundencia necesaria para paliar esta lamentable lacra que aborda o sector, poñendo en perigo a cada auxiliar que sae cada día a desempeñar o seu traballo. c

    O sindicato covoca para mañá, día 30 de xullo de 2025, as 20:00 h. unha concentración de repulsa diante do Concello de O Porriño.