Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 11 Agosto 2025.

O Comité de Empresa de Resonac Graphite (A Coruña), inicia os paros e concentracións na entrada principal da fábrica

    As mobilizacións lévanse a cabo como medida de protesta ante os despedimentos realizados e co obxectivo de abrir un proceso de dialogo e negociación. Resonac Graphite, situada no Polígono Industrial da Grela A Coruña, e a empresa líder no sector da fabricación de electrodos de grafito.

    31/07/2025.

    URL | C�digo para insertar

    O Comité de Empresa de Resonac Graphite Spain S.A.U., planta da Coruña, ven denunciando o seu desacordo coa forma en que se produciu o despedimentos de sete compañeiros o pasado 14 de xullo.

    Durante anos, tanto a empresa como o Comité formado por 6 delegados de CCOO e 3 de USO, vimos trabanllado de forma conxunta e responsable, superando momentos difíciles con diálogo, cooperación e vontade de entendemento. Porén, consideramos especialmente doloroso que, nesta ocasión, non se contou coa parte social para explorar alternativas que puidesen evitar estas saídas forzosas. 

    Sendo conscientes das dificultades polas que atravesa a Empresa, xa que o negocio dos electrodos de grafito experimentou nos últimos anos unha forte presión por parte do mercado, marcada por unha caída continuada de prezos e por prácticas de dumping por parte de provedores chineses, que afectaron gravemente á competitividade do sector. Non se pode compartir nin o fondo nin as formas da decisión de que a solución sexa os despedimentos e os recortes laborais.

    Desde o Comité manifestaron reiteradamente a disposición ao diálogo, presentando diversas propostas e medidas co fin de minimizar o impacto no emprego e protexer os traballadores. Lamentablemente, a resposta por parte da Dirección foi negativa. 

    CCOO como sindicato maioritario na empresa, reitera a vontade de diálogo, tanto na situación actual como nas potenciais situacións futuras, e mostra a disposición a seguir traballando coa Dirección polo futuro da planta, sempre co obxectivo de defender os dereitos dos traballadores, garantir os postos de traballo e a viabilidade da empresa. 

    Tras a celebración da Asemblea de traballadores e traballadoras, e contando co respaldo maioritario dos asistentes, acordouse a convocatoria de paros na planta, acompañados de concentracións na entrada principal da fábrica. Estas accións levarán a cabo como medida de protesta ante os despedimentos realizados e co obxectivo de esixir a apertura dun diálogo que permita reverter esta situación. Así mesmo, preténdese deixar clara a postura do colectivo de traballadores fronte ao futuro. 

    Os paros levarán a cabo nas datas e horarios que se detallan a continuación: 

    • Mércores 30 de xullo de 2025 de 12.00 a 13.00 horas 
    • Mércores 06 de agosto de 2025 de 12.00 a 13.00 horas 
    • Mércores 13 de agosto de 2025 de 12.00 a 13.00 horas 
    • Mércores 20 de agosto de 2025 de 12.00 a 13.00 horas