Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 11 Agosto 2025.

Galicia debe apostar polo cambio de modelo produtivo

Datos do paro do mes de xullo en Galicia

    Compre dar resposta á desigualdade das mulleres no mercado laboral galego. Os datos indican que seis de cada dez persoas paradas seguen sendo mulleres a pesares da boa evolución do emprego no último mes o que agrava a súa situación de desigualdade no mercado laboral.

    04/08/2025.
    Datos paro rexistrado en Galicia mes de xullo

    Datos paro rexistrado en Galicia mes de xullo

    Os datos coñecidos hoxe indican que en xullo o paro rexistrado medrou en Galicia en 604 persoas, un 0,6 %, e a afiliación á Seguridade Social, tomando o dato do último día do mes, rexistra unha suba de 10357 afiliados e afiliadas (un 0,9%). Se consideramos os datos da afiliación media mensual, esta sube en 10835 persoas respecto ao mesmo período do mes anterior (un 0,9%). No Estado cae o paro mentres que aquí sobe e a afiliación en Galicia tanto en media mensual como a fin de mes cando no Estado só medra en media mensual. Os datos amosan dinamismo do mercado laboral respecto a xuño.

    Os datos son positivos en canto a que reflicten un aumento da afiliación á Seguridade Social ata situarse en máximos históricos. 

    Os datos son negativos porque medra o desemprego debido a un importante incremento do desemprego feminino que non compensa o emprego masculino creado o que acrecenta a fenda das mulleres no mercado laboral galego. É negativo tamén que o emprego temporal medre un 19,9% mentres que o indefinido o faga nun 16,1% como tamén é negativo que se cree emprego en actividades estacionais como a hostalería e se perda nas que deberan impulsar o cambio de modelo produtivo como a educación. 

    Análise por sexos e sectores

    En Galicia están no desemprego 43676 homes (327 menos que en xuño) e 64182 mulleres (931 máis que no mes anterior). Seis de cada dez persoas paradas seguen sendo mulleres a pesares da boa evolución do emprego no último mes o que agrava a súa situación de desigualdade no mercado laboral. Atendendo ás idades, hai 3870 persoas menores de 25 anos inscritas no Servizo Público de Emprego (141 menos ca en xuño) e 103988 maiores desa idade (745 máis).

    O paro diminúe no sector primario e na construción con 64 e 93 persoas desempregadas menos, respectivamente; pola contra, na industria ten 49 desempregados e desempregadas máis e no sector servizos hai 860 máis. O colectivo sen emprego anterior baixa 148 persoas.

    Análise da contratación

    En xullo rexistráronse en Galicia 86251 contratos, dos que 62287 foron temporais e 23964 indefinidos. O volume de contratos rexistrados foi superior nun 18,8% aos formalizados no mes precedente. A contratación indefinida sobe nun 16,1% mentres que a temporal o fai nun 19,9%. De cada 10 contratos rexistrados, 3 son indefinidos. No Estado son 4 de cada 10.

    Afiliación á Seguridade Social

    Canto á Seguridade Social, cos datos do último día de mes, A Afiliación á Seguridade Socialen sube en Galicia en 10357 persoas, ata situarse en 1109463 afiliados e afiliadas, rexistrando un incremento do 0,9 % respecto de do mes de xuño.

    A afiliación media mensual aumenta en 10835 persoas, situando o número de persoas traballadoras afiliadas en 1113486. Deste total, 890019 corresponden ao réxime xeral, 205132 ao de autónomos e 18335 ao réxime especial do mar. A afiliación media en Galicia increméntase nun 0,9%.

    Tendo en conta a evolución da afiliación media nos réximes xeral e autónomos no mes de xullo as actividades nas que máis emprego se crea son a hostalería (5218 empregos máis), as actividades sanitarias