Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Xaneiro 2026.

A secretaria xeral de CCOO e a ministra de Traballo inauguran o renovado local sindical de Ferrol

    Ferrol celebrou este venres, día 26, acto de inauguración oficial do renovado edificio sindical da cidade, que acolle a sede da Unión Comarcal de CCOO.

    26/09/2025.
    Intervención de Amelia Pérez na inauguración oficial do edificio

    Intervención de Amelia Pérez na inauguración oficial do edificio

    O evento, que tivo lugar no salón de actos de Comisións Obreiras, contou coa participación da secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, do secretario comarcal de CCOO, José Hurtado, e da ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Tamén asistiron o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, e o secretario xeral de UGT-Galicia, Cristóbal Medeiros, así como outras personalidades do ámbito político e sindical.

    Con esta inauguración, CCOO consolida un espazo de referencia para a actividade sindical e a defensa dos dereitos laborais en Ferrol e na súa comarca.