Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Xaneiro 2026.

O persoal de TYRMA mobilízase para denunciar incumprimentos e reclamar melloras laborais

    O persoal de TYRMA, compañía con sede no Pino dedicada á recuperación e reciclaxe de residuos plásticos, protagonizou este martes, 30 de setembro, unha concentración diante das instalacións da empresa para denunciar as condicións laborais que padece o cadro de persoal e reclamar solucións inmediatas á dirección.

    30/09/2025.
    Concentración do persoal de Tyrma, no Pino

    Concentración do persoal de Tyrma, no Pino

    O presoal reclama u un complemento salarial que compense a perda de poder adquisitivo acumulada nos últimos anos e medidas urxentes de seguridade laboral, tras rexistrarse accidentes graves na empresa. Tamén esixe que se poña fin aos incumprimentos da dirección, que actualmente nega permisos retribuídos, así como o recoñecemento dos días de asuntos propios como dereito básico.

    Ademais, demanda a retirada das sancións disciplinares que pretenden responsabilizar ao persoal dos fallos nos protocolos de seguridade, cando é a empresa quen os desatende. Finalmente, subliñaron a necesidade de defender os postos de traballo fronte á incerteza xerada pola posible reapertura da mina, que ameaza a estabilidade do emprego.