Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 3 Abril 2026.

Nace Benseguro: un proxecto pioneiro para loitar contra a sinistralidade na construción en Galicia

    A Fundación Laboral da Construción de Galicia —na cal participa CCOO— e a Xunta presentaron esta semana Benseguro, un servizo innovador de asesoramento técnico en prevención de riscos laborais que busca reducir a sinistralidade no sector, con especial atención ás obras menores.

    02/10/2025.
    Presentación do proxecto Benseguro, para reducir a sinistralidade no sector da construción

    Presentación do proxecto Benseguro, para reducir a sinistralidade no sector da construción

    Trátase dun proxecto paritario e froito do diálogo social, que contará cun equipo técnico especializado encargado de percorrer Galicia para ofrecer solucións de seguridade directamente nas obras.

    Na presentación, Alejandra Gesto Montes, vicepresidenta do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral e secretaria xeral de CCOO-Hábitat, subliñou que esta iniciativa «nace da reflexión e da busca conxunta de solucións ante unha das maiores preocupacións do sector: os accidentes laborais».

    Na súa intervención, a sindicalista puxo en valor o papel do diálogo social e da negociación colectiva na mellora das condicións laborais.

    O proxecto incorpora ademais unha campaña de concienciación cidadá orientada a fomentar a contratación responsable e segura.