Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 6 Outubro 2025.

Proxección en Neda do documental 'O segredo da Frouxeira', de Xosé Abad

    A Asociación de Veciños de Ancos (Neda) inicia o martes, 7 de outubro, ás 19:30 horas, o ciclo 'Os Martes da Memoria'. O primeiro acto será a proxección do documental O Segredo da Frouxeira, dirixido por Xosé Abad. O filme aborda o asasinato, en 1938, do alcalde de Serantes e tres compañeiros na zona da Frouxeira (O Valdoviño).

    06/10/2025.
    Programación do ciclo 'Os martes da memoria', en Neda

    Programación do ciclo 'Os martes da memoria', en Neda

    A sesión será presentada por un membro da Asociación de Memoria Histórica Democrática e desenvolverase no local social da Asociación de Veciños de Ancos, con entrada libre.

    O ciclo continuará o 21 de outubro coa charla de Enrique Barrera 'Neda 1920-1940: da ilusión á catástrofe'. A seguir, o 11 de novembro, proxectarase o documental 'A pegada dos avós', para rematar o 25 de novembro coa charla de Eliseo Fernández 'Movemento obreiro en Neda'.