Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2025.

Xornada solidaria co pobo palestino: non haberá paz sen xustiza!

    A deste mércores, 15 de outubro, foi unha xornada solidaria en todo o Estado para amosar a solidariedade co pobo palestino. En Galicia estaban convocados paros de dúas horas por quenda nos centros de traballo e concentracións ou manifestacións nas cabeceiras de comarca.

    15/10/2025.

    URL | C�digo para insertar

    A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, participou na concentración de Santiago

    A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, participou na concentración de Santiago

    O obxectivo desta convocatoria,impulsada por CCOO e UGT, foi a de darlle unha dimensión laboral e colectiva á solidariedade co pobo palestino e á denuncia internacional da situación en Gaza, devastada tras dous anos de bombardeos e crimes contra a humanidade.

    O manifesto elaborado polo Sindicato Nacional de CCOO con motivo desta xornada solidaria denuncia o xenocidio que Israel perpetra contra o pobo palestino e apela á responsabilidade moral da clase traballadora para non calar ante a barbarie. En dous anos de bombardeos sobre Gaza, máis de 70.000 persoas foron asasinadas e 200.000 feridas, moitas delas nenas e nenos.

    O texto lembra que Israel atacou tamén a verdade, con máis de douscentos xornalistas asasinados, e critica a represión e censura que desmenten o seu carácter democrático. Advirte, ademais, de que o drama palestino pon en risco dereitos no resto do mundo, coa criminalización de protestas pacíficas.

    O manifesto conclúe que só unha paz xusta, baseada na autodeterminación palestina, pode garantir un futuro digno.