Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Outubro 2025.

Xornadas de difusión do programa de emprego Activa Verde

    O proxecto Activa Verde comeza esta semana as súas xornadas de difusión por distintos concellos da provincia da Coruña, cun programa que abrangue presentacións en Narón, A Coruña, Pontedeume e Ferrol. Nace co obxectivo de ofrecer novas oportunidades laborais ás persoas afectadas polo peche das centrais térmicas de Meirama (Cerceda) e As Pontes.

    20/10/2025.
    O proxecto Activa Verde procura mellorar a empregabilidade nas comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas

    O proxecto Activa Verde procura mellorar a empregabilidade nas comarcas afectadas polo peche das centrais térmicas

    A primeira cita será o 21 de outubro, ás 10:30, no local social do Alto do Castiñeiro (rúa Manoel Antonio, 9, Narón). O día 22 de outubro, o equipo desprazarase á cidade da Coruña, onde haberá dúas sesións no edificio de sindicatos (avenida Alcalde Alfonso Molina, 90): unha ás 10:00 e outra ás 17:00.

    As xornadas continuarán o 27 de outubro, ás 17:00, na casa da cultura de Pontedeume (praza do Convento), e rematarán o 29 de outubro, ás 18:00, no salón de actos de CCOO Ferrol (rúa María, 42).

    Transición xusta

    Activa Verde forma parte do Programa de Transición Xusta aprobado pola Comisión Europea, que destina 868 millóns de euros para apoiar a transformación ecolóxica, a diversificación económica e a reinserción laboral nas zonas industriais afectadas polo peche de instalacións enerxéticas. Conta con financiamento procedente dos fondos do Fondo de Transición Xusta e coa colaboración de sindicatos como CCOO e entidades empresariais.

    O programa pretende ofrecer ferramentas e formacións que abran novas portas ao emprego verde e de calidade, cun enfoque personalizado e adaptado ás necesidades de cada persoa participante.

    Proximamente publicaranse novas datas de xornadas informativas, co obxectivo de ampliar a difusión desta iniciativa que promove a participación e o compromiso ambiental no territorio.