Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 5 Abril 2026.

CCOO participa nunha xornada do Consello da Cultura Galega sobre violencia económica

    O Sindicato Nacional de CCOO participa este mércores na xornada «Formas de violencia de xénero. Violencia económica», organizada polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais.

    05/11/2025.
    CCOO participa nesta xornada que organiza o Consello da Cultura Galega

    CCOO participa nesta xornada que organiza o Consello da Cultura Galega

    O pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela, acolle este foro que forma parte dun ciclo anual que aborda as distintas expresións da violencia machista. Esta edición céntrase na violencia económica, analizada desde a perspectiva laboral, xurídica e social.

    Unha representación de CCOO participa nesta xornada. En concreto, a secretaria de Mulleres, Políticas de Igualdade e LGTBIQA+, e Política Social, María Barcia; Iván Cordeiro, secretario xeral da Federación de Servizos; Ángela Junco, secretaria de Igualdade desta Federación; e Rebeca Pérez, técnica do Gabinete de Igualdade de CCOO.

    Precisamente, Rebeca Pérez participa pola tarde na mesa redonda «A fenda salarial e negociación colectiva», xunto con representantes dos sindicatos CIG e UGT, ademais da patronal CEG.