Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Abril 2026.

CCOO chama á folga no transporte de viaxeiros da Coruña por un convenio paralizado desde hai catro anos

    O comité de folga anuncia a convocatoria de catro xornadas de paro para os días 5, 12, 15 e 19 de decembro do 2025.

    04/12/2025.
    Folga de transporte de viaxeiros da Coruña.

    Folga de transporte de viaxeiros da Coruña.

    Logo de realizar asembleas de persoas traballadoras, o comité de folga do sector de transporte de viaxeiros da provincia da Coruña anuncia a convocatoria de catro xornadas de paro. As datas de folga están fixadas para os días 5, 12, 15 e 19 de decembro do 2025.

    O motivo principal desta folga é o «secuestro» do convenio colectivo por parte da patronal deste sector, explica CCOO. O convenio leva paralizado catro anos e quedou desfasado. O comité de folga subliña a grave situación salarial e destaca que no ano 2024 non houbo suba.

    Ante o inmobilismo patronal, a comisión negociadora viu os seus esforzos frustrados. A única oferta substancial presentada pola patronal foi un 1,20 % de suba salarial e «nada» no referente á xornada. Esta proposta foi rexeitada por se tratar dunha «suba salarial miserenta» que «insulta a todas as persoas traballadoras do sector».

    Demandas urxentes para humanizar o sector

    As persoas traballadoras do sector de transporte de viaxeiros esixen que se aborden as seguintesnecesidades cruciais:

    • Unha suba salarial digna.

    • A redución de xornada e a ordenación do tempo de traballo, medidas necesarias para humanizar osector.

    • A actualización e modernización dos permisos retribuídos e días de asuntos propios, que agoraestán por baixo do que marca o estatuto das persoas traballadoras.

    • O recoñecemento do transporte discrecional como unha actividade que tamén é un servizo públicode primeiro nivel e cuxa responsabilidade non debe recaer unicamente sobre o persoal condutor.

    • O recoñecemento da xubilación parcial, para que as persoas traballadoras poidan anticipala.

    • A ordenación da xornada para o persoal acompañante.

    O comité de folga recalca que a convocatoria de paro é a «única forma de desbloquear as negociacións» e de «recuperar un convenio colectivo que a patronal quere deixar morrer».