Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Xaneiro 2026.

Amelia Pérez: «CCOO de Galicia ten as portas abertas para axudar aos migrantes que veñen traballar»

    A secretaria xeral do sindicato denunciou, nunha entrevista no programa Con outra Voz, que inda hai empresarios «sen escrúpulos» que se aproveitan das persoas traballadoras chegadas do estranxeiro.

    10/12/2025.
    Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO de Galicia

    Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO de Galicia

    A secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, defendeu a importancia daspersoas inmigrantes para a economía galega e asegurou que as portas da organización «están abertas paradar asesoramento e axuda» a eses traballadores e traballadoras que o precisen. De inicio non necesitan afiliarse, polo que insistiu en que os locais de Comisións Obreiras están á súa disposición para resolver calquera dúbida ou expoñer a súa situación.

    Nunha entrevista no programa Con outra Voz, emitido en Radio Voz, Amelia Pérez recalcou que a organización defende as persoas migrantes fronte ao «discurso da ultradereita» e remarcou que, a nivel confederal, hai unha estratexia para establecer canles de atención específicas. «Veñen con medos, moitas veces non queren chamar a atención. Hai que estar moi atentos porque, por desgraza, segue a haber empresarios e empresarias que non teñen escrúpulos».

    Nese senso, a secretaria xeral lembrou que, por normal xeral, a xente que chega desde o estranxeiro vén de circunstancias difíciles, polo que cómpre estar vixiantes para garantir o principio de «a igual traballo, igual salario». «Non pode ser que se aproveiten das debilidades», recalcou.

    Ante a tendencia demográfica que presentan Galicia e o conxunto do Estado xa desde hai décadas, Amelia Pérez chamou as Administracións a «poñerse as pilas» para axilizar a xestión dos permisos de traballo, que en ocasións se demoran demasiado. «España é un país que precisa de inmigración para que a máquinasiga funcionando», aseverou.

    Amelia Pérez tamén aproveitou para referirse á situación dos permisos por conciliación. Malia constatar que se avanzou na materia, lamentou que aínda haxa empresas «ás que lles custa entrar nesa dinámica».«Unha cousa son a norma e os convenios e outra a realidade nos centros de traballo», sinalou.

    Audios asociados

    Entrevista de Amelia Pérez en Radio Voz