Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Xaneiro 2026.

CCOO mostra a súa preocupación pola desaparición dun tripulante dun buque pesqueiro en Nova Zelandia

    Lamentamos fondamente os feitos acontecidos a bordo do buque Viking Bay, inmerso nun operativo de busca no océano Pacífico tras a desaparición dun dos seus tripulantes.

    28/12/2025.
    VIKING BAY. Imaxe do rexistro da Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio.

    VIKING BAY. Imaxe do rexistro da Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio.

    Seguimos con especial preocupación a evolución das tarefas de localización e rescate, do tripulante do Morrazo, desenvolvidas nunha zona de gran complexidade pola distancia e as condicións marítimas.

    Queremos amosar a nosa solidariedade e apoio ás familias e persoas achegadas do mariñeiro desaparecido, así como á tripulación do buque, nestes momentos de incerteza.

    Confiamos en que o dispositivo de busca poida ofrecer resultados canto antes e expresamos o noso respecto polo labor dos equipos de salvamento implicados.

    O Viking Bay é un palangreiro con base en Vigo, cunha eslora de 43,5 metros, equipado para a pesca de longa distancia en augas internacionais

    CCOO esixe poñer todos os medios para o rescate e localización do tripulante, e o apoio necesario aos afectados e á familia do desaparecido.