Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Xaneiro 2026.

CCOO logra toda a representación nas eleccións sindicais de Embutidos Lalinenses

    Comisións Obreiras consegue os cinco representantes desta importante empresa do sector cárnico do Deza

    16/01/2026.
    Fábrica de Embutidos Lalinenses.

    Fábrica de Embutidos Lalinenses.

    Comisións Obreiras fíxose con toda a representación nas eleccións sindicais de Embutidos Lalinenses, celebradas este xoves. CCOO terá cinco membros no comité desta relevante empresa do sector cárnico do Deza, unha das máis grandes da comarca.

    No anterior mandato, Comisións Obreiras tamén era maioritario, con tres representantes, pero a CIG tiña outros dous. Desta vez, o sindicato nacionalista quedou fóra, ao non ser quen de presentar unha lista.

    O resultado das eleccións sindicais avala o traballo realizado polos representantes de CCOO nesta empresa que, con preto de 70 persoas traballadoras, é das máis importantes do Deza neste sector.