Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Abril 2026.

O Sector Ferroviario de CCOO manifesta a súa solidariedade coas vítimas e pide que se analicen as causas da traxedia ocorrida en Córdoba

    Queremos transmitir o noso máis sincero pésame ás familias e persoas achegadas das vítimas mortais, así como o noso apoio e solidariedade a todas as persoas feridas

    19/01/2026.
    Pesar polo accidente de Córdaba

    Pesar polo accidente de Córdaba

    Desde o Sector Ferroviario de CCOO, lamentamos profundamente o grave accidente ferroviario ocorrido onte, que deixou persoas feridas e falecidas.

    Queremos transmitir o noso máis sincero pésame ás familias e persoas achegadas das vítimas mortais, así como o noso apoio e solidariedade a todas as persoas feridas, desexando a súa pronta e completa recuperación.

    CCOO considera imprescindible que se investiguen de forma exhaustiva as causas deste tráxico suceso, con total transparencia e rigor, para depurar as responsabilidades que correspondan e, sobre todo, para garantir que se adopten todas as medidas necesarias que eviten que un accidente destas características volva producirse.

    A seguridade das persoas traballadoras e da cidadanía debe ser sempre unha prioridade absoluta no transporte ferroviario. Desde CCOO, estaremos vixilantes e colaboraremos en todo o necesario para que se esclarezan os feitos e se reforcen as condicións de seguridade.