Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 10 Febreiro 2026.

A igualdade salarial xa é unha realidade no sector da conserva de peixe

    A maioria sindical do sector das conservas pecharon un acordo que equipara salarios e blinda o poder adquisitivo ata 2030. CCOO asina un convenio que só trae melloras.

    02/02/2026.
    Convenio Colectivo de Conservas de Peixe

    Convenio Colectivo de Conservas de Peixe

    O 2 de febreiro, CCOO e UGT —que representamos a maioría sindical do sector— alcanzamos un acordo coa patronal FEICOPESCA para renovar o Convenio Colectivo de Conservas de Peixe. Un acordo froito da presión sostida e do aopio das asembleas cos nosos delegados e delegadas elixidos democraticamente.

    A vitoria: Equiparación salarial real entre o Grupo 5 e o Grupo 6

    Conseguimos o que viñamos reclamando desde fai anos: igualdade salarial efectiva entre as categorías do Grupo 5 (produción, maioritariamente feminizado) e o Grupo 6. Un paso decisivo para acabar coa discriminación que sufriu historicamente a maior parte da plantilla:

    Categoría  Incremento acumulado en vigencia
    Maestra/o +6.500 €
    Oficial de primeira +3.260 €
    Oficial de segunda +2.580 €
    Auxiliar +1.700 €

    Este avance supón xustiza salarial para centos de persoas que, até agora, eran as grandes prexudicadas do sector.

    Subidas salariais garantidas ata 2030

    Ano  Incremento mínimo
    2025 2.9 % (con atrasos)
    2026  2,5%
    2027 2,5%
    2028  2%
     2029   1,5%
    2030 1,5%

    Total: 12,9% de subida mínima garantida

    Pero hai máis: se a inflación supera estes incrementos, os salarios revísanse ao alza sen topes nin límites, con pagamento de atrasos. Ademais, un +1,5% adicional como mecanismo de garantía do poder adquisitivo.

    En números concretos:

    • Atrasos de 2025: entre 500 e 1.000 € segundo categoría
    • En 2026: subida do 5,4% respecto ao salario actual (entre 1.000 e 2.000 €/ano máis)

    Outras melloras destacadas:

    • Axuda escolarPasa de 15 a 45 €
    • Permisos reforzadosNovo permiso para acompañar a persoa cónxuxe, filla ou fillo maior de 14 anos en probas médicas. Adaptación de licencias á normativa vixente, pasando de días naturais a laborais
    • Novos dereitos dixitaisInformación obrigatoria ás representantes sindicais ante implantación de intelixencia artificial
    • Protocolo LGTBI. Detalle Prevención actuación ante acoso, con medidas específicas de protección
    • Protocolo ante catástrofes. Actuación ante emerxencias climáticas
    • Nova clasificación profesional. Sistema máis xusto e equitativo, con 10 niveles que substitúen as 45 categorías obsoletas. Referencia á valoración de postos do Ministerio de Traballo.

    Garantías para toda a plantilla

    • Ninguén perde: se unha categoría encuádra nun nivel con salario inferior, mantén o seu soldo actual máis as subidas
    • Tope de permanencia no nivel 10: máximo un ano, con obrigatoriedade de ascenso. O salario base deste nivel supera en 900 € ao SMI actual
    • Nivel 10 nunca por debaixo do SMI + 2,5%

    O que falta por pechar

    • Quedan algúns asuntos pendentes para a reunión do 19 de febreiro:
    • Táboa de equivalencias completa
    • Definición de postos por nivelFinalización dos textos pendentes

    Por que asinamos?

    Porque este acordo só trae melloras. Non retrocedemos en ningún dereit

    Porque conseguimos:

    ✅ Xustiza salarial para o colectivo feminizado do Grupo 5

    ✅ Garantía real contra a inflación, sen topes

    ✅ Modernización do sistema de clasificación profesional

    ✅ Novos dereitos en conciliación, dixitalidade e diversidade

    ✅ Incrementos históricos: ata 2.000 € máis ao ano segundo categoría

    Grazas á mobilización

    Esta vitoria é de todas as persoas que participaron nas asembleas, nas mobilizacións e na campaña #PescarDereitos. Grazas por facelo posíbel.

    CCCOO segue a traballar para que o convenio definitivo recolla todas as melloras acordadas.