Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Febreiro 2026.

💜 22 de febreiro | Día Internacional pola Igualdade Salarial

    En Galicia, ter traballo NON che saca da pobreza. E se es muller, o risco multiplícase 

    22/02/2026.
    💜 22 de febreiro | Día Internacional pola Igualdade Salarial

    💜 22 de febreiro | Día Internacional pola Igualdade Salarial

    O 22 de febreiro, data prioritari da axenda feminista mundial, é o Día Europeo da Igualdade Salarial (ou Día Internacional contra a Fenda Salarial de Xénero. Reivindicamos ano a ano a loita fronte ás inequidades estruturais que deforman a verdadeira democracia á custa da discriminación da metade da poboación. 

    A precariedade laboral, os contratos a tempo parcial impostos e a segregación ocupacional fan que as mulleres: Cobren menos polo mesmo traballo:

    • Cotizan menos tempo 
    • Teñan peores pensións no futuro 

    Isto é POBREZA LABORAL. E ten rostro de muller.

    Hoxe, neste día de reivindicación mundial, desde CCOO alzamos a voz: A igualdade salarial non é un privilexio, é un DEREITO Esiximos: 

    • Emprego estable e con dereitos 
    • Fin da parcialidade imposta 
    • Salarios dignos e pensións xustas 
    • Igualdade salarial real e efectiva

    Porque as mulleres non merecemos media vida...MERECEMOS DEREITOS COMPLETOS

    Cadernos do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Unha cuestión de xustiza social: erradicar a fenda salarial con equidade nas retribucións e corresponsabilidade nos coidados

    Marzo de 2026. Elaboración: Gabinete de IgualdadeSecretaría de Mulleres, Igualdade e Políticas LGTBIQA+

    Documentación asociada
    Documentación asociada