Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Abril 2026.

CCOO celebrará en Ferrol unha asemblea informativa sobre a tarifa eléctrica do persoal xubilado de Endesa

    O encontro terá lugar este mércores, día 18 de marzo, ás 12:00 no salón de actos da sede do sindicato

    16/03/2026.
    Corte do acceso á central de Endesa e de ciclo combinado (16/7/2021)

    Corte do acceso á central de Endesa e de ciclo combinado (16/7/2021)

    As Federacións de Industria e de Pensionistas de CCOO de Galicia convocan unha asemblea informativa para abordar a demanda da tarifa eléctrica do persoal xubilado de Endesa. O encontro terá lugar este mércores, día 18 de marzo, ás 12:00 no salón de actos da sede do sindicato en Ferrol e contará coa asistencia dos responsables de ambas as federacións.

    Están chamados a participar na asemblea todos os afiliados e afiliadas e simpatizantes pasivos de Endesa. A reunión chega logo dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na que desestima o recurso dun antigo traballador e ditamina que os beneficios sociais decaeron ao rematar a vixencia do IV convenio colectivo marco, a finais de 2018.