Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 5 Abril 2026.

CCOO de Galicia participa nunha xuntanza do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal

    O encontro tivo lugar en Braga e serviu para analizar o estado das relacións laborais e do diálogo social na Eurorrexión

    24/03/2026.
    Un momento da xuntanza deste venres 20 de marzo.

    Un momento da xuntanza deste venres 20 de marzo.

    Unha delegación de CCOO de Galicia encabezada polos secretarios de Internacional, Carlos Pérez, e de Negociación colectiva, Armando Iglesias, participou o pasado venres, 20 de marzo, en Braga no encontro organizado polo Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal (CSIr G-NP) e a Rede Eures.

    O seminario levaba por título «Relacións laborais e diálogo social na Eurorrexión» e serviu para presentar o traballo desenvolvido polo CSIr G-NP durante o bienio 2024-2025; reflexionar sobre as dificultades que sofren as persoas traballadoras transfronteirizas; e reforzar o diálogo e a cooperación entre socios e institucións públicas de Portugal e de Galicia en materia de relacións laborais transfronteirizas.

    Pola parte de CCOO interveu Armando Iglesias no marco dun relatorio sobre os desafíos nacionais e a dimensión transfronteiriza nas relacións laborais da Eurorrexión. O CSIr está integrado polos sindicatos galegos CCOO e UGT e polos portugueses CGTP e UGT-P.