Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 11 Abril 2026.

CCOO celebrará o 28 de abril en Ourense unha xornada contra o acoso de Xunta e patronal polo «absentismo»

    Unha asemblea abordará o asunto e despois haberá unha manifestación ata a sede da Confederación de Empresarios de Ourense

    09/04/2026.
    Cartel da asemblea polo 28A en Ourense.

    Cartel da asemblea polo 28A en Ourense.

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia celebrará o próximo 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, unha asemblea e, posteriormente, unha manifestación polas rúas de Ourense para amosar o seu rexeitamento ante a campaña de acoso e derruba emprendida de forma orquestrada pola Xunta e a patronal a conta do mal chamado «absentismo».

    A Secretaría de Saúde Laboral de CCOO de Galicia, en consenso con diferentes comarcas e federacións, decidiu organizar esta xornada combativa contra esta culpabilización das persoas traballadoras que non poden acudir aos seus postos de traballo por estaren de baixa médica.

    A asemblea de persoas delegadas realizarase desde as 10:30 ata as 12:00 no salón de actos do local sindical de Ourense. A mesa estará formada polo secretario de Saúde Laboral, Armando Iglesias, e as secretarías de cada federación, para que poidan expoñer as súas opinións e experiencias sobre o asunto.

    Ao rematar, a manifestación percorrerá as rúas do centro de Ourense para acabar diante da Confederación de Empresarios de Ourense.