Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Abril 2026.

CCOO convoca folga indefinida nos controladores aéreos de Saerco

    A folga comeza este venres 17 de abril nos aeroportos de Vigo e A Coruña, entre outros nove do Estado.

    16/04/2026.
    Controladores aéreos no interior da torre de control

    Controladores aéreos no interior da torre de control

    A Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) e CCOO poñen en marcha unha folga indefinida a partir deste venres 17 de abril ás 00:00 horas nos controladores aéreos da empresa Saerco, compañía que xestiona o tráfico aéreo en nove aeroportos do país, entre eles os de Vigo e A Coruña.

    A folga afectará a 104 traballadores das seguintes instalacións: Jerez de la Frontera, A Coruña, Madrid-Cuatro Vientos, Sevilla, Vigo, El Hierro, Fuerteventura, Lanzarote e La Palma.

    Motivos da folga

    Desde USCA e CCOO denunciamos:

    • Falta crítica de plantilla nos aeroportos afectados
    • Deterioro das condicións laborais do persoalImpacto negativo na seguridade operacional

    Entre as causas específicas que motivan esta mobilización, destacan:

    • Cancelación de vacacións xa aprobadas
    • Uso "abusivo" das dispoñibilidades
    • Cambios de turno comunicados con escaso marxe de tempo
    • Falta de claridade nos cuadrantes respecto aos descansos obrigatorios
    • Prácticas organizativas irregulares en varias dependencias

    "A seguridade aeronáutica non pode sostense sobre unha plantilla sometida a fatiga, estrés e incerteza permanente", alertan os sindicatos convocantes.

    Negociación sen acordo

    Representantes sindicais e a dirección de Saerco mantiveron unha reunión este mércoles co obxectivo de buscar puntos de encontro que permitisen desconvocar a folga. Desgraciadamente, a acción sindical mantense ante a falta de avances substanciais.

    O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible fixou os seguintes servizos mínimos:

    • Emerxencias, Estado, traslados policiais e vixilancia100%
    • Voos domésticos a territorios non peninsulares 66% - 83%
    • Voos peninsulares con alternativa de transporte >5h e internacionais51% - 59%
    • Voos peninsulares con alternativa de transporte <5h34% - 36%

    Tamén se protexen os voos de transporte de correo postal universal e mercancías perecedeiras (medicamentos e material sanitario).

    Ante posibles cancelacións ou retrasos, os pasaxeiros afectados teñen dereito, segundo o artigo 8 do Regulamento 261/2004, ao reembolso íntegro do billete, ou transporte alternativo ata o destino final

    CCOO reitera o seu compromiso coa defensa dos dereitos laborais dos traballadores e coa garantía da seguridade aeronáutica como servizo público esencial.