Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2026.

Federación de Pensionistas de Galicia

Reunión da Executiva da Federación de Pensionistas de Galicia co presidente da Federación de Municipios e Provincias de Galicia (FEGAMP)

    23/04/2026.
    Reunión FEGANP

    Reunión FEGANP

    En CCOO somos firmes defensores da participación activa das persoas maiores en todos os ámbitos da vida, por iso reivindicamos desde todas as estruturas do sindicato que sigan estando involucradas tanto na actividade sindical como na sociedade en que viven. As persoas maiores teñen coñecementos e experiencia vital para achegar alternativas que axuden a construír un mundo mellor.

    Por ese motivo, solicitámoslle ao presidente da FEGAMP, Alberto Varela Paz, que nos concellos galegos se creen (ou se reactiven alí onde os houber) instrumentos de diálogo permanentes para o noso colectivo, como os consellos locais das persoas maiores. Os consellos deberan ser os ámbitos de participación na planificación e seguimento das medidas de política social que nos afectan, na defensa dos nosos dereitos, na mellora da atención ás nosas necesidades e o noso benestar.

    Así mesmo, incidimos no desexo formulado pola Organización Mundial da Saúde que, no ano 2010, crea as chamadas «cidades e comunidades amigables coas persoas maiores».

    Unha cidade ou comunidade amigable coas persoas maiores é un lugar que adapta os servizos e estruturas físicas para ser máis inclusivo e axustarse activamente ás necesidades da súa poboación co fin de mellorar a vida desta cando envellece.

    Unha cidade amigable fomenta o envellecemento saudable ao optimizar os recursos para mellorar a saúde, a seguridade e a inclusión das persoas maiores na súa comunidade.

    Alberto Varela recibiu favorablemente as nosas inquedanzas e comprometeuse a trasladar o falado ao pleno da FEGAMP.