Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Xuño 2026.

I Encontro de Pensionistas de Comisións Obreiras de Galicia

Recoñecemento a afiliación veterana

    08/06/2026.
    Afiliados e afiliadas homenaxedadas no primeiro encontro galego da Federación de Pensionistas de CCOO

    Afiliados e afiliadas homenaxedadas no primeiro encontro galego da Federación de Pensionistas de CCOO

    Dicía o noso Secretario Xeral na súa intervención que hoxe era unha xornada sindical e unha xornada lúdica na que tamén teríamos un espazo para o recoñecemento e para a memoria.

    Este primeiro encontro de pensionistas de comisións obreiras de Galicia non podía deixar de recoñecer o compromiso de todos e todas as que estamos, e o imos personalizar en cinco compañeiros e compañeiras que levan preto de cincuenta anos afiliados e afiliadas a este sindicato, que non estiveron na primeira liña, que non saíron nos periódicos nin tampouco participaron no día a día do sindicato desde que deixaron de ser traballadores e traballadoras activas, pero o compromiso coa súa ideoloxía e a militancia mantense ata agora, e hai xente que leva máis de vinte años cobrando a xubilación e seguen pagando a cota do seu sindicato. E é normal, porque son parte do máis grande e mellor sindicato do país.

    Facemos hoxe este tributo a:

    • María Teresa López Ameijeiras.- Coruña
    • Jesús Bujan Álvarez.- Lugo
    • Mercedes Vila Rodríguez.- Vigo
    • José San Juan Maceiras.- Ferrol
    • Raquel Pérez Amoedo.- Pontevedra 
    • Peregrina García Vila.- Arousa

    Traballadores e traballadoras como nós, de diferentes sectores de actividade, parte das comisións obreiras nos anos máis difíciles, e nos máis tranquilos. Merecedes este recoñecemento pola lealdade ao sindicato durante toda a súa vida. Recibide esta pequena homenaxe que os facemos con todo agarimo á vosa longa traxectoria no sindicato. Grazas polo voso compromiso.

     

    Entregan os recoñecementos:

    • Pedro Beade polo sindicato comarcal da Coruña
    • José Antonio Cabo polo sindicato comarcal de Lugo
    • Antonio Redondo Barrera polo sindicato comarcal de Vigo
    • José Enrique Quintia Tobal polo sindicato comarcal de Ferrol
    • Paco Cuba polo sindicato comarcal de Arousa
    • Luís Camiña polo sindicato comarcal de Pontevedra

    Dende o seu atril, moderando a cerimonia, a compañeira Chicha, anuncia:

    Compañeira María Teresa, podes subir 

    Jesús, agora ti

    É a quenda de Mercedes

    Aplaudimos a Raquel

    Despois a Peregrina

    Agora, por último, que non menos importante, José.

    Continúa Chicha:

    Pídovos un forte aplauso para as persoas homenaxeadas e a elas que coloquen todas xuntas para a “foto de familia”

    Grazas a todos e todas

    Rematamos parte formal e pasamos á festa.

    ¡¡¡Que comece a música e todo o mundo a bailar!!!!