Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 6 Agosto 2026.

Comarca Santiago-Barbanza

Segunda Asemblea Aberta de Pensionistas Santiago-Barbanza

    16/07/2026.
    Segunda Asemblea Aberta de Pensionistas de Santiago-Barbanza

    Segunda Asemblea Aberta de Pensionistas de Santiago-Barbanza

    O día ​9 de ​x​ullo celebramos ​a​ 2ª Asemblea Aberta da afiliación de Pensionistas de CCOO de Santiago-Barbanza. O obxectivo era ​consolidar o espazo de debate aberto​ que iniciamos en Abril.

     

    ​Tratáranse moitos e variados temas, que reflicten as inquedanzas das persoas participantes, como membros de CCOO e pensionistas.

    ​- Un asunto do que se falou moito foi o relacionado coa imputación de Zapatero. O que para moitas e moitos dos presentes estaba a ser un golpe duro para a esquerda no noso país, na que era un "referente ético", para outros e outras facía falta matizar e analizar máis polo miúdo o seu papel, xa que tivo actuacións e decisións inaceptables desde a esquerda. 

     

    ​- Tamén foi obxecto de debate o "capitalismo salvaxe" que impera na sociedade en todo o mundo, que se plasma especialmente no reforzamento do "individualismo" como forma de enfrontarse ós problemas da sociedade, en contraposición co que vimos defender dende de sempre no sindicalismo, a necesidade de xuntarnos para colectivizar os intereses.

     

    ​- Falamos da "complicada" unidade da esquerda, e houbo intervencións que abordaron o papel dos sindicatos nese proceso. Especialmente a compatibilidade da participación "activa" na vida política actual, coa posición estratéxica de CCOO de autonomía dos partidos políticos.

     

    ​- Fíxose fincapé na necesidade de reforzar o papel socio-político do sindicato, e entendeuse que, para elo, era moi necesario reflexionar sobre o papel das estruturas territoriais. Así mesmo manifestouse a necesidade de reforzar o papel do Sindicato Nacional de CCOO como sindicato galego, que representa á clase traballadora do noso país con autonomía e capacidade propias.

     

    ​- Finalmente recalcouse a necesidade de participar activamente nas mobilizacións de carácter socio-político que se veñen convocando (SOS Sanidade Pública, Dependencia, Defensa do galego...).