Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 13 Outubro 2026.

Convocamos folga xeral para o 11 de novembro

    CCOO e UGT chamamos as mulleres e os homes do noso país a se mobilizar por mellores salarios, por unha vivenda digna e polo control dos prezos ante unha inflación que lastra o noso poder adquisitivo.

    08/10/2026.
    Manifestación por unha vivenda digna.

    Manifestación por unha vivenda digna.

    A folga xeral do 11N é a resposta á insaciable avaricia inmobiliaria que especula cun dos principais dereitos da cidadanía, facendo practicamente imposible o acceso da maioría a unha vivenda digna.

    A folga xeral do 11N é a denuncia da clase traballadora a unha política empresarial que aproveita o crecemento económico do país para engordar o seu patrimonio con grandes beneficios á custa dos salarios das persoas traballadoras.

    A folga xeral do 11N amosa a indignación da maioría do país por un modelo económico que traslada aos prezos e ao consumo de bens básicos as marxes empresariais, para sufragar os incrementos dos custos da crise enerxética provocada pola infamia das guerras.

    A folga xeral do 11N móstranos a forza dunha sociedade mobilizada, liderada pola mocidade, mulleres e homes que demostran o seu compromiso coa loita colectiva e que en absoluto son unha xeración de cristal.

    A folga xeral do 11N é un clamor contra a precariedade laboral e habitacional que prexudica a millóns de persoas, e especialmente a mulleres e migrantes afectados por unha situación de vulnerabilidade económica.

    A folga xeral do 11N é un chamamento a vivir dignamente, a non deixarmos a saúde no traballo, a non ser mos estigmatizados por empresarios carentes de ética cando enfermamos, a que as nosas preocupacións por chegarmos a fin de mes e non sermos desafiuzados non nos aboquen á enfermidade mental.

    A folga xeral do 11N confirma o compromiso da sociedade cuns servizos públicos que garantan a saúde, a educación, os coidados e a vivenda, evitando que sexan as persoas traballadoras as que o teñan que pagar no sector privado.

    UGT e CCOO chamamos á folga xeral o 11 de novembro para desbloquear a negociación colectiva, para

    -- subir salarios

    -- reducir a xornada

    -- mellorar a saúde das persoas traballadoras

    -- erradicar a precariedade

    CCOO e UGT chamamos á folga xeral para lles reclamar a todas as Administracións públicas o pulo de políticas que rematen coa especulación da vivenda.

    UGT e CCOO chamamos á folga xeral para que se poña control á deriva dos prezos que prexudican as rendas da clase traballadora.

    Compañeiras, compañeiros, o 11N á FOLGA XERAL.