Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Xuño 2025.

Ramiro Otero foi reelixido secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia

  • A defensa do público continuará sendo un dos eixes do traballo da FSC-CCOO, o principal sindicato do seu ámbito

Ramiro Otero continuará outros catro anos como secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia. Así o decidiron os delegados e delegadas que participaron no 2.º Congreso desta federación.

29/11/2012.
Intervención de Ramiro Otero ao final do 2.º Congreso da FSC-CCOO de Galicia

Intervención de Ramiro Otero ao final do 2.º Congreso da FSC-CCOO de Galicia

Ademais de ratificar a xestión de Otero con esta reelección, no Congreso da FSC-CCOO de Galicia tamén se elixiu unha nova Comisión Executiva. Só se presentou unha lista, a encabezada por Ramiro Otero e na que figuraban ademais Mar Costas Otero, José María Ponte Fernández, Nuria Rodríguez Lema, Jesús López Rodríguez, Dorinda González León, Castor Fernández Soto, Olga Arias Castro, Plácido José Cazón Lamas, Ana Landrove Becerra e Domingo González Prieto.

Por último, elixíronse os delegados e delegadas que representarán a FSC-CCOO no 10.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que terá lugar a finais de xaneiro de 2013, así como no Congreso da FSC estatal.

Na clausura deste 2.º Congreso, Otero denunciou os «brutais recortes» que están a practicar os gobernos do PP. Fronte a estas actuacións, que non aparecían orixinalmente no programa electoral con que Rajoy gañou as últimas eleccións, CCOO traballará para que a cidadanía poida expresar a súa opinión nun referendo. Con ese obxectivo, unha das «prioridades» do sindicato será a recollida de sinaturas nos centros de traballo.

A FSC-CCOO, que é o primeiro sindicato do seu ámbito, manterá a defensa do público como un dos eixes da súa actuación. «Fronte ao desmantelamento dos servizos públicos e do estado do benestar que están a facer desde posicións ideolóxicas, sempre atoparán a nosa oposición», advertiu Otero.

Sectores

A FSC-CCOO atende os sectores do transporte aéreo, transporte por estrada, transporte ferroviario, papel, gráficas e fotografía, mar, medios de comunicación, cultura e espectáculo, ocio e deporte; postal, telecomunicacións, Administración de xustiza, Administración xeral do Estado, empresas do ciclo integral da auga, Administración autonómica, Administración local, empresas e entidades de servizos sociais e de atención ás persoas, e a Sección Sindical Intercentros da ONCE.