Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Xuño 2025.

Carlos Pardo é elixido secretario xeral da Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO

  • O novo responsable comarcal chama a secundar mañá mércores o paro internacional de mulleres

Carlos Pardo é elixido secretario xeral da Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO. Así o decidiron os delegados e delegadas que participaron no 3.º congreso deste territorio. Para a elección da Comisión Executiva só se presentou unha lista, encabezada polo propio Carlos Pardo, e na que figuran ademais M.ª Sol López López, José Ángel Gómez Martínez, Laura Cereijo Míguez, José Francisco Mirás Pérez, Ana Moscoso Mariño, Francisco Mallón Becerra, Beatriz Peleteiro Mellid, José Arufe Rodríguez e José Fernández Liste.

07/03/2017.
Carlos Pardo

Carlos Pardo

Así mesmo, elixíronse os delegados e delegadas que representarán a Unión Intercomarcal no 11.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que terá lugar os días 18 e 19 do vindeiro mes de maio.

Reforzamento do sindicato

Na clausura do 3.º Congreso, Pardo apelou ao reforzamento do sindicato neste extenso territorio, a traballar para ser a primeira forza sindical e a consolidar o papel socipolítico da organización. Tamén fixo un chamamento á participación para as citas inmediatas que ten o sindicato, comezando polo 8 de marzo (Día Internacional da Muller), a folga do ensino do día 9 e o 10 de Marzo (Día da Clase Obreira Galega).

Concentración o 8 de marzo

Anunciou que, co gallo do paro internacional de mulleres, mañá mércores, ás 12 h, haberá unha concentración diante da sede da Unión, no polígono compostelán do Tambre.