Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Xuño 2025.

Pedro Barreiros é o novo secretario xeral da Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense

    Baixo o lema «traballo, dereitos e dignidade» celebrouse hoxe o 3.º Congreso da Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense-Valdeorras, no que se elixiu a nova Comisión Executiva que dirixirá o sindicato na provincia os vindeiros catro anos. O novo secretario xeral é Pedro Leónides Barreiros González.

    09/03/2017.
    Pedro Barreiros é o novo secretario xeral comarcal

    Pedro Barreiros é o novo secretario xeral comarcal

    Barreiros sucede no cargo a Ana Isabel Barrios López, que tras oito anos á fronte das CCOO non se presentaba á reelección. Canda el formarán parte da nova dirección Lola Panero, Pablo Estévez, Iria Yáñez, Jonathan González, Benxamín Vences e Patricia Carid.

    Segundo declaracións do propio Barreiros, coa elección da nova Executiva produciuse unha «potente e ilusionante renovación», tanto xeracional como de novos rostros que se incorporan ao equipo. Da dirección saínte repiten Lola Panero (responsable de Organización) e Benxamín Vences (Comunicación).

    A nova Comisión Executiva comarcal terá o reto de defender e recuperar os dereitos nunha provincia «con índices de desemprego moi elevados, unha precariedade laboral que xa podemos considerar estrutural e unha situación demográfica crítica», afirmou Barreiros.