Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Xuño 2025.

Lucía Trenor é elixida nova secretaria xeral da Federación de Servizos

    Os delegados e delegadas que participaron no II Congreso da Federación de Servizos de CCOO de Galicia elixiron como nova secretaria xeral a Lucía Trenor López. A candidatura, única que se presentaba, foi referendada polo 95,16% dos votos.

    13/03/2017.
    Lucía Trenor é a nova secretaria xeral de CCOO-Servizos

    Lucía Trenor é a nova secretaria xeral de CCOO-Servizos

    A nova dirixente procede do sector de centros de chamadas, concretamente da empresa Teleperformance, de cuxo comité de empresa é membro, amais de responsable da sección sindical na Coruña.

    Actualmente ten 36 anos e xa se encargou da Secretaría de Xuventude do Sindicato Nacional de CCOO e da Secretaría da Muller da Unión Comarcal da Coruña. Canda ela formarán parte da nova Executiva de Servizos Isabel Fernández, Juan Zas, Arturo Cruzado, Jorge Carneiro, Rosario Pérez, Carmen Peteiro, Ignacio Castro, Antía García, Francisco Villares, Anxo Romero, Xoancar Viveiro e Valentina Valderrey.

    Nova etapa

    A Federación de Servizos de CCOO aglutina os sectores de comercio, hostalaría, finanzas, seguros, centros de chamadas, consultorías, servizos administrativos e xogo. Lucía Trenor asegura que, a partir de agora, se inicia unha nova etapa «marcada pola unidade e polo traballo a prol do persoal do sector dos servizos».