Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Xuño 2025.

José Ramón Piñeiro é o novo secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Pontevedra

    O Congreso comarcal de CCOO de Pontevedra elixiu como novo responsable para os próximos catro anos a José Ramón Piñeiro Piñeiro, electo co 92,06 % dos votos.

    27/03/2017.
    No centro da fotografía, intervención do novo secretario xeral comarcal

    No centro da fotografía, intervención do novo secretario xeral comarcal

    Canda Piñeiro formarán parte da nova Comisión Executiva comarcal José Luis García Pedrosa (que xa fora secretario xeral nos últimos mandatos), Pilar Mosquera Gregorio, Antonio Millares Jorge, M.ª Patricia Rey Calvo, Constante Peón Pereira, M.ª Carmen Villaverde Loira, Manuel González Pidre e Mercedes Márquez Rodríguez. A lista para integrar este órgano foi avalada polo 95,24 % dos votos emitidos.

    + Máis información sobre os procesos congresuais de CCOO premendo aquí