Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Agosto 2025.

CCOO estivo presente na manifestación contra a mina de Touro-O Pino

    Comisións Obrieras (CCOO) estivo presente na multitudinaria manifestación que este domingo rexeitou a reapertura da mina que Cobre San Rafael ten entre os concellos de Touro e O Pino.

    10/06/2018.
    Militantes de Comisións Obreiras na manifestación deste domingo

    Militantes de Comisións Obreiras na manifestación deste domingo

    O plan mineiro conta coa oposición dos sindicatos maioritarios da comarca, que meses atrás fixeron público un pronunciamento unitario contra este proxecto de megaminaría a ceo aberto que ocasionará un serio prexuízo ás actividades agrícolas, gandeiras e forestais.

    Desde a Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO lembran que a mina vai afectar a case 500 hectáreas de terreos agrícolas e forestais que son a base produtiva de moitas explotacións agrarias dos núcleos máis próximos á explotación. Xunta as catro cortas existentes, vanse escavar seis novas que darán lugar a outras tantas zonas mineiras, coa eliminación definitiva do uso destes solos para as actuais e futuras actividades agrogandeiras ou forestais.

    CCOO reitera o seu apoio á Plataforma veciñal «Mina Touro-O Pino, non», compartindo a esixencia á Xunta de Galicia de rexeitar o proxecto, a solicitude ao Goberno galego para que denegue a reapertura, e a demandar da Xunta de Galicia que obrigue o titular da concesión a restaurar os solos e augas, subterráneas e superficiais, contaminadas pola anterior actividade mineira.