Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Maio 2025.

CCOO fará unha enquisa entre a súa afiliación co fin de elaborar a plataforma do convenio do metal de Pontevedra

    CCOO reuniu este venres en Vigo un cento de delegados e delegadas do sector do metal da provincia de Pontevedra para analizar a situación actual das industrias do ámbito, amais de preparar a plataforma reinvindicativa do sindicato para o convenio sectorial.

    15/11/2019.
    Un momento da asemblea en Vigo

    Un momento da asemblea en Vigo

    Na asemblea falouse tamén do impacto que, o ano que vén, pode ter na automoción a nova normativa europea sobre emisións de gases (CAFE), así como da problemática no sector naval da ría de Vigo debido á liquidación de Vulcano e a parálise en Barreras.

    No caso de Vulcano, CCOO critica a actuación da Autoridade Portuaria, cuxo presidente tenta impedir que as instalacións de Teis continúen con uso industrial. CCOO consiera que se trata dun xeito de actuar «desleal, opaco, malintencionado e ruín», que vai contra os compromisos adquiridos cos traballadores e traballadoras. A asemblea acordou pedir publicamente a dimisión de Enrique López Veiga.

    Canto aos estaleiros Barreras, informouse da necesidade de apoiar as mobilizacións dos traballadores e traballadoras do estaleiro, secundando a manifestación do martes 19.

    Plataforma de CCOO para o convenio do metal

    Para elaborar a plataforma do novo convenio do metal, CCOO expuxo a necesidade de ampliar a opinión e a participación ao persoal do sector. Por esta razón, farase unha enquisa entre a afiliación do sindicato para coñecer de primeira man a súa opinión. Na próxima reunión dos delegados e delegadas do sector, prevista para a primeira quincena de decembro, farase unha presentación dos resultados.