Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 1 Novembro 2025.

CCOO lamenta o falecemento do compañeiro José Luis Paz Pena

  • Traballador xubilado de Alcoa e exsecretario xeral da Unión Comarcal da Coruña

Comisións Obreiras lamenta o falecemento a causa do coronavirus do compañeiro José Luis Paz Pena. Traballador xubilado de Alcoa-A Coruña (actual Alu Ibérica LC), desempeñou diferentes responsabilidades no sindicato, tanto na Federación de Industria como na Unión Comarcal da Coruña, da que chegou a ser secretario xeral.

19/03/2020.
Paz Pena nunha manifestación en defensa dunha tarifa eléctrica xusta para as electrointensivas

Paz Pena nunha manifestación en defensa dunha tarifa eléctrica xusta para as electrointensivas

Infatigable compañeiro, non faltaba a unha mobilización, nin sequera desde que estaba xubilado. Paz Pena sempre será lembrado polo seu compromiso sindical, pois militaba nas Comisións Obreiras xa na clandestinidade, e contribuíu a constituír o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

Debido a que na actual situación non se lle poderá tributar a homenaxe que merece, CCOO anima a todas as súas amizades a deixar unha mensaxe na páxina de Facebook da Unión Comarcal da Coruña, ou ben a través do correo electrónico comunicacion.coruna@galicia.ccoo.es.