Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 6 Outubro 2025.

CCOO e UGT convocan paros parciais o 15 de outubro en solidariedade co pobo palestino

    CCOO e UGT convocan paros de dúas horas en cada quenda de traballo o vindeiro 15 de outubro como mostra de solidariedade co pobo palestino e para esixir o fin do xenocidio perpetrado polo Estado de Israel en Gaza.

    02/10/2025.
    STOP XENOCIDIO. 15 de outubro: xornada de loita en cada centro de traballo

    STOP XENOCIDIO. 15 de outubro: xornada de loita en cada centro de traballo

    Os paros desenvolveranse en tres tramos:

    • De 02:00 a 04:00 horas, na quenda de noite.
    • De 10:00 a 12:00 horas, na quenda de mañá.
    • De 17:00 a 19:00 horas, na quenda de tarde.

    Ademais, durante esta xornada impulsaranse asembleas, concentracións ás portas dos centros de traballo e actos de protesta co obxectivo de darlle unha dimensión laboral á denuncia internacional do que está a acontecer en Palestina.

    CCOO e UGT destacan que a convocatoria garante cobertura legal ás persoas traballadoras que queiran participar nestas mobilizacións, co amparo dun paro rexistrado conforme á lexislación vixente.