Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Xuño 2025.

Atención telemática para a afiliación de CCOO en Ourense-Valdeorras

  • Os locais estarán pechados ata novo aviso. Contacta no teléfono 988 391 727 ou no correo electrónico ucoure@galicia.ccoo.es

Desde a Unión Intercomarcal de CCOO Ourense-Valdeorras, coa finalidade de manter informada a toda a afiliación e malia continuarmos no estado de alarma, seguimos a traballar na defensa dos intereses de todos os traballadores e traballadoras.

20/03/2020.

Por esta razón E ATA NOVO AVISO, o noso local estará pechado no que respecta á atención presencial, debido ao estado de alarma decretado polo Goberno e en concordancia coas recomendacións das autoridades sanitarias para conter o coronavirus (COVID-19).

O noso persoal continúa a traballar con medios telemáticos e telefónicos habilitados para garantir os dereitos de todas as traballadoras e traballadores.

Para contactares co sindicato:
TELÉFONO: 988 391 727
CORREO ELECTRÓNICO: ucoure@galicia.ccoo.es

Así mesmo, a Confederación sindical de CCOO habilita os seguintes datos de contacto:
TELÉFONO: 900 301 000
CORREO ELECTRÓNICO: coronavirus@ccoo.es

De precisares algún trámite presencial inescusable, chama antes ao teléfono anteriormente indicado (988 391 727).

TODAS E TODOS UNIDOS SUPERARÉMOLO!