Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 14 Xuño 2025.

Folga e concentracións no primeiro día de curso en secundaria

  • Houbo concentracións ás 11:30 horas nas principais cidades e vilas

O sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), CIG, CSIF e STEG convocaron para este mércores folga e concentracións cadrando co primeiro día de curso en educación secundaria. Cómpre lembrar que a volta á actividade lectiva estaba prevista para o pasado día 16, pero a Xunta decidiu adialo tras a presión sindical e as dificultades para pór en marcha o seu propio protocolo.

23/09/2020.
Un momento da concentración de Santiago de Compostela

Un momento da concentración de Santiago de Compostela

Ademais da folga, houbo concentracións nos seguintes lugares, todas ás 11:30 horas:

? A Coruña: edificio administrativo da Xunta (praza de Luís Seoane, Monelos)
? Santiago de Compostela: Consellaría de Educación (San Caetano)
? Ferrol: edificio administrativo da Xunta (praza de Camilo José Cela)
? Lugo: edificio administrativo da Xunta (rolda da Muralla)
? Ourense: Xefatura Territorial da Consellaría de Educación (rúa do Concello)
? Pontevedra: praza da Peregrina.
? Vigo: edificio administrativo da Xunta (praza da Estrela)
? Verín: Concello
? O Barco de Valdeorras: Concello
? Burela: Concello
? Vilagarcía de Arousa: praza de Galicia
? Cangas do Morrazo: Concello