Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

7 de outubro, Xornada Mundial polo Traballo Decente: con dereitos e seguridade

    Este 7 de outubro conmemórase a 13.ª edición da Xornada Mundial polo Traballo Decente (#XMTD20). Unha xornada reivindicativa e de mobilización, na que o sindicalismo internacional nos manifestamos para reclamar traballo digno, con dereitos e seguridade, e un novo contrato social.

    06/10/2020.
    Cartel da XMTD 2020

    Cartel da XMTD 2020

    Esta XMTD está marcada pola pandemia mundial da COVID-19, con terribles efectos sobre a saúde, a economía, o emprego, os ingresos e a igualdade de xénero, nun mundo xa fracturado polo falido modelo de globalización que perpetúa e aumenta a desigualdade e a inseguridade da clase traballadora.

    En multitude de países rompeuse o contrato social, deixando as traballadoras e traballadores en situación de extrema precariedade laboral, sen protección e sufrindo unha crecente desigualdade.

    No mundo, o 60 % do traballo realízase desde a economía informal e o 40 % das traballadoras e traballadores na economía formal traballan de forma precaria.

    En moitos lugares, ademais, os Gobernos non están actuando adecuadamente fronte á COVID e as súas consecuencias para asegurar e protexer dereitos.

    Na liña que establecen a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, en particular o ODS 8, o movemento sindical internacional instamos os Gobernos a incluíren nos seus plans de recuperación:
     
    ? Emprego, traballo seguro e protexido con dereitos e protección social.
    ? Salarios mínimos vitais.
    ? Protección social universal tamén para as traballadoras e traballadores na economía informal.
    ? Servizos públicos universais e de calidade na sanidade, a educación e os coidados.
    ? Igualdade na participación económica das mulleres, todos os grupos raciais, migrantes e mocidade, e a súa protección fronte á discriminación.
    ? O dereito universal á liberdade sindical e a negociación colectiva.
    ? Garantías de saúde e seguridade no traballo.
    ? Transicións xustas respecto ao clima e a tecnoloxía.
    ? Apoio público ás empresas condicionado ao mantemento do emprego nas empresas e á a prohibición dos paraísos fiscais.
    ? Diálogo social e medidas de transición xustas acordadas coas traballadoras e traballadores e os seus sindicatos.
    ? Solidariedade mundial para asegurar que os países vulnerables dispoñan da asistencia financeira directa que necesiten para dar forma a un mellor futuro para toda a súa cidadanía: extensión do alivio da débeda para os países máis pobres e vulnerables de ata dous anos; un fondo mundial para a protección social, cunha garantía de cinco anos para os países máis pobres.
     

    Documentación asociada
    Documentación asociada